jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Salón EQUIGAL, referencia do mundo equino

17 de mayo, 2019 - 19 de mayo, 2019

Lugo, referencia do mundo equino coa celebración do Salón EQUIGAL

Equigal 2019 ofrecerá do 17 ao 19 e do 24 ao 26 de maio de 2019 actividades deportivas, concursos ou exhibicións relacionadas co mundo cabalar. A entrada é de balde

Programación

17 de maio

– Exhibición de Salto de Obstáculos Cidade de Lugo: estas probas, que consisten no franqueo a cabalo de varios obstáculos construídos con barras, disputaranse seguindo varios baremos: contrareloxo, caza, potencia… e clasificaranse en distintos de acordo coas alturas, que oscilan entre o 1.10 metros e o 1.60 metros.
– Concurso de Andadura Galega Federado: esta é unha proba na que se recoñece á Andadura Galega como modalidade federada de deporte de Galicia. Existen dúas modalidades diferenciadas na marcha: a marcha serrada, ou de dous tempos e a marcha chapeada, de catro tempos. Este concurso pon a proba a velocidade sempre en conxunto coa técnica; realizaranse carreiras ao cronómetro en liña recta.

Do 18 ao 19 de maio

– Concurso Nacional Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Árabe: neste tipo de concurso realizase un estudo da morfofuncionalidade; por unha banda, o Concurso Morfolóxico é a clasificación segundo a calidade racial, dunha serie de exemplares; e por outra banda, valoraranse aptitudes de cada exemplar en canto á monta, ou á doma, entre outros. Este Concurso Morfolóxico, réxese polo regulamento da AECCA (Asociación Española de Criadores de Cabalos Árabes), e como novidade, puntuará para o Campionato de España.
A través deste concurso, preténdese dar a coñecer o cabalo de pura raza árabe, así como fomentar o interese a nivel autonómico e nacional por esta modalidade deportiva e tradicional.

19 de maio

– Torneo de Horseball: esta é una disciplina relativamente actual que combina equitación e baloncesto e que require dunha gran habilidade e resistencia dos cabalos. O torneo enfronta a dous equipos de 6 xogadores, que portando un balón con asas de coiro, deben conseguir o maior número de goles. As canastas, a diferencia do baloncesto, teñen un aro vertical e o balón conta con asas para poder suxeitalo e recollelo do chan.

Do 24 ao 26 de maio

– Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española: tamén neste certame, realízase un estudo da morfofuncionalidade; por unha banda o concurso morfolóxico que clasificará aos exemplares de acordo coa calidade racial; e por outra banda, valoraranse as aptitudes de cada exemplar en canto á monta, ou á doma, entre outros.

25 de maio

– Exhibición Carrusel Infantil por Hípica Amazonas: no que unha vintena de rapaces e rapazas montados nos seus cabalos, exhibirán exercicios de doma e sincronización nun espectáculo musical.

26 de maio

– Proba da enganches: son probas de velocidade, que consisten en evitar derribar os obstáculos. Existen catro categorías: sulkis, limoneras, troncos e cuartas; e tres probas: doma, maratón e proba de conos ou manexabilidade.

Exposición e ocio

Ademais, en Equigal 2019 haberá unha zona de exposición e venda, que estará formada polas ganderías participantes nos concursos morfolóxicos e unha zona de ocio infantil, no que se ofertarán diversas actividades, todas elas relacionadas co mundo do cabalo e dirixidas aos máis cativos, como inchables ou paseos ecuestres. Nesta cita, haberá un servizo de cafetería ininterrompido dende a apertura do Salón ata o seu peche.

Detalles

Comienza:
17 de mayo, 2019
Finaliza:
19 de mayo, 2019
Categoría del Evento:
X