lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

San Froilán Asociativo

6 de octubre, 2018

Comezo coa apertura dos postos dos colectivo ás 10h

Obradoiros para crianzas das 11h às 13h

Café-Coloquio con o Banco de Tempo às 12h00

Cantares de cego con Francisco de Taboada às 13h00

Presentació dos Coletivos das 13h30 ás 14h30

Obradoiro de baile tradicional ás 17h00

Paseo de Masa Crítica ás 17h30

Presentación musicada do Poemario Independencia de Alfonso Rodríguez às 17h45

Obradoiro Translurpies de deconstrución de xénero às 18h30

Presentación dos Coletivos das 19h00 às 19h30

Humor con Marca España às 19h30

Concerto co grupo de rock galego ITH às 20h00

Colectivos e Asociacións de Lugo, xuntámonos por 7º ano consecutivo para celebrarmos o noso particular San Froilán, o San Froilán Asociativo:

Estamos en Festas, as nosas festas de toda a vida, as do San Froilán que deben ter cerca de 270 anos! As festas nas que a xente de toda a provincia viña a comerciar no Campo da Feira, mais tamén e de paso, a divertirse, a bailar, a comer polbo.

Seguimos contra toda modernidade a celebrar esta festa, xantando, bebendo, bailando, escoitando música en calquera praza, paseando pola cidade, atopando en cada recuncho e en cada rúa algo para ver ou facer, un amigo o unha amiga que hai tempo que non vemos…

Outra vez máis saímos á rúa, o noso medio natural poñendo un grao de area para que esta festa siga viva, porque pensamos que as festas témolas que facer nós, as veciñas e veciños de Lugo, que queremos ser persoas actoras desta festa e non só consumidoras delas.

Queremos ademais facer máis forte o tecido asociativo dos nosos colectivos, porque facendo cousas xuntas é como entendemos a unidade e a colaboración entre as asociacións e colectivos de este Lugo vivo, participativo e con inquedanzas e que quere expresarse libremente, sen coaccións, sen mordazas e sen exclusións (aquí collemos todas e todos!).

Coma sempre facemos isto o sábado anterior ao Domingo das Mozas.

Non temos subvencións, contamos só cos nosos modestos medios.

Detalles

Fecha:
6 de octubre, 2018
Categoría del Evento:
X