martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Semana de Cine de Lugo – Homenaxe a Darío Xohán Cabana

23 de septiembre - 20:00

Semana de Cine de Lugo – Homenaxe a Darío Xohán Cabana

Venres 23/09, ás 20,00 h., no salón da Deputación Provincial, homenaxe a Darío Xohán Cabana por parte da LXIV Semana de Cine de Lugo, coa proxección da película A MARIÑEIRA, do lucense Antón Dobao, baseada nun relato de Darío.

Asistirán membros da familia do escritor recentemente falecido, e o director da película.

A razón primeira desta homenaxe dentro da Semana de Cine, está na especial relación amistosa de Darío coa organización, xa que o escritor foi  un extraordinario compañeiro dos organizadores durante moitos anos como encargado do Auditorio Gustavo Freire e a estreita relación  entre Darío e todos os directivos de Fonmiñá, cos que colaborou en todo momento.

Tanto a familia como o director da película recibirán unha estatuiña de lembranza e homenaxe.

Detalles

Fecha:
23 de septiembre
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X