Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Semana SantJazz – Concerto de Ariel Brínguez Quinteto

26 de septiembre - 20:30

Semana SantJazz – Concerto de Ariel Brínguez Quinteto. DOMINGO 26 20:30 – SALA TEBRAS

Saxofonista, profesor, compositor e arranxista, graduado na Universidade das Artes da Habana (Cuba). Foi integrante da banda de Latín Jazz “ Maraca e Outra Visión” dirixida por Orlando Valle, coa cal percorreu Estados Unidos. Pertenceu á “ Latin BigBand” do saxofonista David Murray. Como saxofonista e co- arranxista viaxou por todo o mundo coa compañía de Joaquín Cortés, no seu proxecto “Calé”.

Conta con dúas Grammys norteamericanos colaborando con Chucho Valdés e con Alejandro Sanz en “El tren de los momentos”. Ariel Brínguez tocou con músicos da talla de Tata Güines, Changuito Quintana, Larry Willis, Horacio ”El Negro” , Simply Red, Perico Sambeat, Javier Massó “Caramelo”, Javier Colina, Alain Pérez, Pepe Rivero, Ojos de Brujo, Niña Pastori entre outros..

Ten tres álbums de estudo, “Raíces en Colores”, (2008); “Nostalgia Cubana”, (2016); e “ Experience” en 2017. Entre os seus proxectos persoais destaca Nostalgia Cubana; Experience; Jazz about Bach; Alma en Cuba; Esencia; Jazzing the classics; y Renacimiento entre outros.

En relación aos músicos que me acompañan en “Nostalxia cubana” diría que encontro neles o mesmo compromiso coa arte, así como total harmonía en todas direccións, comezando no factor humano e concluíndo na acción de facer música, desde a sinceridade máis plena. Para ilustrar os seus roles dentro do proxecto, gústame facer unha comparación cos elementos da Natureza:

Georvis Pico, dáme a Terra, o sostén rítmico, indispensable relevo para andar firmes a través do transo musical

 Pablo Gutiérrez, trae a auga permitindo que a interpretación colectiva viaxe tomando diferentes formas

Javier Sánchez , brinda o Aire, o voo inherente á súa musicalidade

Reinier Elizarde “El Negrón” dános o Lume para manter a lapa da creatividade viva Eu simplemente unifico desde as decisións do corazón, estes vitais elementos nun latexado musical, sentimento colectivo. Nos concertos en directo, vivimos esa máxica sensación que todos sentimos cando se fan as cousas desposuídas de todo ego e entregados en corpo e alma á emoción que nos regala a música

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
26 de septiembre
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Sala Tebras
 Pza Viana do Castelo 3
27003, Lugo