viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Semana SantJazz – Concerto de Baldo Martinez

24 de septiembre, 2021 - 23:30

Semana SantJazz – Concerto de Baldo Martinez – Sala Tebras – 23:55 horas

Baldo Martínez é un destacado músico dentro dás correntes do Jazz contemporáneo europeo compartindo a súa música con músicos de referencia como Joachim Khun, Paolo Fresu, Louis Sclavis, Carlo Actis Dato, Samuel Blaser, etc… música que ou contrabaixista galego leva por festivais por todo ou mundo, Berlín, Manchester, París, Roma, México, Tanger, Lyon, Utrech, Varsovia, Sibiu, Munich, Austria…..

Agora presenta o novo proxecto Triskel Trío, unha visión da música desde a formación de trío de piano, instrumento que nunca antes incorporara nos seus proxectos, dándolle outra dimensión á súa música, mantendo esa creatividade e liberdade que nesta formación de trío adquire espazos máis amplos. Así poderemos escoitar música extraída de moitos dos seus traballos, como Tusitala, Projecto Miño, Cuarteto Europa, Vientos Cruzados…

Completan este trío 2 destacados músicos do Jazz contemporáneo deste país, que achegan a súa personalidade e bo facer nesta nova aventura. O pianista asturiano Jacobo de Miguel cunha forte personalidade musical como o mostra en todos os proxectos nos que participa, e a percusionista galega Lucía Martínez sempre sorprendente e que colabora con Baldo Martínez dende hai anos en diversos proxectos.

BALDO MARTÍNEZ. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Contrabaixo
JACOBO DE MIGUEL . . . . . . . . . . . . . . . . . Piano
LUCÍA MARTÍNEZ. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Batería e Percusión

 

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
24 de septiembre, 2021
Hora:
23:30
Categoría del Evento:

Local

Sala Tebras
 Pza Viana do Castelo 3
27003, Lugo
X