
- Este evento ha pasado.
Semana SantJazz – Concerto de Foolmakers
25 de septiembre, 2021 - 22:00

Semana SantJazz – Concerto de Foolmakers – VEXETARIAN (cea concerto) 22 horas
Grupo formado no 2013 por catro psiquiatras do HULA (actualmente quedan dous) que se xuntaron co baixista Carlos Doval para tocar, nun principio, nas JamSessions que organizaba Fábrica De Sons no Club Clavicémbalo. No 2013, estiveron no programa do Festival de Jazz de Lugo e posteriormente fixeron xiras por distintos locais galegos cós espectáculos “Cancións de amor e sorna-swing” “Non todo sorna, non todo swing” e “Glamour galego”. Asemade actuaron catro veces nas festas de San Froilán de Lugo, gravando para o Concello de Lugo o tema “Un polbo en San Froilán”.
Foolmakers ofrecen concertos con temas fundamentalmente do seu disco «Un polbo en San Froilán», composto fundamentalmente por standards de jazz non só traducidos ao galego, senón tamén adaptados á «realidade galega» cun importante compoñente humorístico, pero tamén adaptacións como a da copla «La bien pagá» pasada polo jazz e convertida en «O ben pagao», o clásico do soul «Me and Mrs. Jones» convertido en «Eu cun de Friol». O standard de jazz «Rhode Island is famous for you» transformase en «Baio» lugar do que procede o compañeiro da nosa cantante e que da pé para falar das excelencias de distintos concellos galegos. Ademais presentan temas no incluídos no cd, como a versión de «Because the night» de Patty Smith que pasa a ser «Bicos de nai» e o atrevido «Dr. Longo blues
FOOLMAKERS son: Paula Cores: voz; Luís Vila: piano; Sergio Abuín: guitarra; José Angel Sánchez: batería; Carlos Doval: baixo