miércoles, septiembre 28, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Semana SantJazz – Concerto de Nani García

25 de septiembre, 2021

Semana SantJazz – Concerto de Nani García – SÁBADO 25 – 00:30 HORAS – SALA TEBRAS

Nani García volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos anos 80 conseguiu anovar o panorama jazzístico galego.

Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano, contrabaixo e batería, Nani García Trío vai máis aló dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonda tanto no son das pezas como na execución instrumental.

O repertorio de Nani García Trío é unha mestura de antigos temas, retallos de bandas sonoras e outras composicións de Nani reformuladas en clave de jazz, así como pezas totalmente novas. Todo coa firma inconfundible do propio Nani García, unha das figuras máis destacadas da música galega e española, como compositor, intérprete, arranxista e produtor de todo tipo de formatos e xéneros contemporáneos e de vangarda.

Amais do piano de Nani, o trío complétase co contrabaixo de Simón García e a batería de Miguel Cabana, dous mestres nos seus respectivos instrumentos recoñecidos a nivel internacional.

Duas son as publicacións máis recentes:

Detalles

Fecha:
25 de septiembre, 2021
Categoría del Evento:

Local

Sala Tebras
 Pza Viana do Castelo 3
27003, Lugo
X