sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Street Market, nova xornada de comercio na rúa en Lugo

14 de mayo, 2019

Street Market, unha nova xornada de comercio na rúa volve en maio a Lugo

Concretamente a décimo cuarta, que se celebrará o vindeiro martes, 14 de maio, nuns 90 establecementos comerciais de todos os sectores, que sacarán as súas mercadorías á rúa, e que se poderán atopar nunhas 20 rúas e prazas da cidade, principalmente do casco histórico.

Nesta xornada comercial haberá roupa de muller e de home, nenas e nenos, de deporte; calzado infantil e de adulto, lencería, bisutería, xoiería, peletería e roupa do fogar, entre outros artigos dos que se poderán mercar o vindeiro martes nas rúas, con descontos de ata o 80%, en horario ininterrompido, de 10:30 a 21:00 horas.

A cooperación e a estreita colaboración entre o Concello, a Deputación de Lugo, que colabora a través da Fundación TIC, a Federación de Comercio e a Asociación de Autónomas, fan posible este tipo de iniciativas que benefician ao comercio local de Lugo.

Detalles

Fecha:
14 de mayo, 2019
X