
- Este evento ha pasado.
Teatro – A familia real
28 de abril - 20:30

Teatro – A familia real
Olivas Negras e Aporía Escénica
- Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
- 70 minutos
- Dirección: Diana Mera.
- Elenco artístico: Sonsoles Cordón, Gianluca Cordón, Asahel Gallardo, Francisco Gallardo, Ginevra Nortes, Diana Mera, Vicente Mohedano, Cecilia Vázquez e Beatriz de Vega.
A FAMILIA REAL é unha coprodución entre Aporía Escénica, dirixida por Diana Mera e Olivas Negras, dirixida por Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez.
Tres mulleres creadoras e empresarias da escena, formadas na ESADg, que decidiron entrecruzar os seus camiños artísticos e unir forzas nun novo proxecto teatral, motivadas pola necesidade de interaccionar cos seus fillos e fillas en escena.
Como cambia a nosa vida cando chega un novo ser a ela? Corréspondense a realidade co imaxinado previamente? Ata qué punto nos transforma e nos enriquece formar unha familia? Cáles son as dificultades, os desafíos, as crises que se nos presentan como nais e pais nunha sociedade complexa como a contemporánea? Como compaxinamos a itinerancia e inestabilidade das artes escénicas coas esixencias da crianza? Estamos preparadas para asumir todos os retos e imprevistos con creatividade?.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.