
- Este evento ha pasado.
Teatro – A lúa vai encuberta
28 de noviembre, 2021 - 18:30

Teatro – A lúa vai encuberta
Compañías: A Quinta do Cuadrante e Incendiaria
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
80 minutos
Dirección Tito Asorey
Elenco artístico Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e Tito Asorey
En 1977 celébranse as primeiras Eleccións Xerais despois da ditadura franquista.
Ese mesmo ano, o grupo teatral da Asociación Cultural Auriense trata de continuar cos ensaios de A lúa vai encuberta de Manuel María pero, no medio do proceso, o colectivo desfaise definitivamente e o tempo queda en suspenso ata que, corenta e catro anos despois, dúas novas compañías se unen para retomar o traballo no punto no que o deixaron co obxectivo de levar a escena a obra e descubrir as razóns da disolución.
Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permitirá identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a súa consecuente falta de conciencia de identidade nacional galega.
A lúa vai encuberta é unha peza arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, moitas veces silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.
Como di Edward Hallet, o estudo do pasado é a única maneira de poder entender o noso presente, así como só podemos entender o pasado coa luz que nos achega a nosa análise do presente. Tamén neste sentido, Marc Bloch, un dos historiadores máis importantes do século XX, sostén que “toda historia é historia contemporánea”.
Así é como Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de Manuel María, como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes forzas sociais e políticas que nos conformaron como país, e polo tanto, como persoas que o habitamos.
FORMA DE ADQUISICIÓN
* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.