jueves, noviembre 10, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro – A nova historia da Cigarra e a Formiga

20 de noviembre - 18:30

Teatro – A nova historia da Cigarra e a Formiga

Teatro do Andamio

domingo, 20 de novembro de 2022 18:30 hs.

Sinopse:

Quen non coñece a fábula da Cigarra e a Formiga? Aquela, da cigarra preguiceira e da formiga traballadora. Mais ímosvos contar unha nova historia que comezou despois dunha noite de tormenta, que fixo que todo cambiara.

Cambiou a vida da Formiga, que vivía na saída de emerxencia do formigueiro coidando das flores e cantando as cancións que inventa mentres ninguén a escoita.

Cambiou a vida da Cigarra, que chega ao  fermoso outeiro despois de vagar durante moito tempo buscando un lugar mellor para vivir en paz. Este encontro non vai ser doado, pero será tan necesario…

Esta tenra historia fala de ser quen de superar os medos de facer nas nosas vidas o que realmente desexamos.

Idade recomendada: A partir dos 4 anos.

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
20 de noviembre
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05