martes, julio 5, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – «Abre el ojo» de Francisco de Rojas Zorrilla

19 de septiembre, 2021

Teatro – «Abre el ojo» de Francisco de Rojas Zorrilla

DOMINGO 19 DE SETEMBRO_18.30_Auditorio Municipal Gustavo Freire, Lugo.

Entrada libre hasta completar capacidade do espazo. Previa retirada de convites a través da web www.entradaslugo.es. Máximo 2 convites por persoa.

A66 Producciones (ASTURIAS) Público adulto e mozo a partir de 15 anos.

Don Clemente, após seis anos de amor con Dona Hipólita, está canso e visita a Dona Clara, que pola súa banda goza dos favores de catro homes. Dona Clara acaba de mudar de casa, á que chega Don Clemente para pedirlle explicacións. Pola súa banda, Don Clemente tamén tivo tratos íntimos con outras mulleres. Un e outra, xunto cos seus respectivos amantes, vense envoltos en situacións de enredo hilarantes nas que os celos, as escusas e as inútiles manobras para escapar de tesituras comprometidas, conforman unha comedia elegante e moi divertida.

ATENCIÓN, 11.30 a 14.00_Vestíbulo do Auditorio Municipal Gustavo Freire. “A fala dos clásicos” Obradoiro de ritmo versal en texto e accións.

Número de prazas: 15. Dirixido a profesionais, estudantes e público xeral interesado no teatro clásico.

Imparte: Isabel Marcos e César Alonso (A66 Producciones)

Forma de inscrición: Vía correo-e a coordinacion@escenanorte.com indicando título da actividade, nome e apelidos, teléfono e correo-e da persoa interesada.

Neste obradoiro presentarase a dinámica xeral utilizada na montaxe da obra do Século de Ouro “Abre el ojo”, caracterizada pola coordinación rítmica de texto e accións. Practicaremos este aspecto mediante xogos e actividades, tanto individuais como grupais, para destacar a importancia do ritmo e a escoita neste tipo de montaxes.

Detalles

Fecha:
19 de septiembre, 2021
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X