Xoves, 9 de febreiro de 2023 20:30 hs.
Idade recomendada; Público adulto.
Sinopse
ALMA DE TIGRE é unha ensoñación revelada a partir da historia real de tres irmáns. A memoria, os afectos, a herdanza e o futuro dan corpo á nova creación orixinal do Elefante Elegante que aborda a temática das relacións familiares.
Alma de Tigre evoca a historia duhna familia encerrada nunha casa estartalada a través de cuxas fendas vanse filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada. Os personaxes revélanse contra un mundo do que xa non poden fuxir.
Unha nai autoritaria e controladora. Un pai débil e sen coraxe que deixou aos seus fillos nunha situación de desamparo. Á morte da nai, o fillo e as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e qué facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixalos marchar.
Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte