viernes, noviembre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – «Arte»

1 de octubre - 20:00

Teatro – «Arte»

Coa estrea de “Arte”, unha nova montaxe teatral de Hipócrita Teatro, comeza o Circuíto Galego de Teatro Amador no Local Hipócrita, este sábado ás 20h.

Este circuíto teatral promovido pola FEGATEA, co apoio económico da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, traerá ó Local Hipócrita outras tres funcións de grupos de A Coruña e Pontevedra.

“Arte”, da dramaturga Yasmina Reza, está protagonizada por Teo García, Iván Redondo e Carlos Rebolo e dirixida por José Campanari. Trátase dunha comedia sobre a amizade e sobre a fraxilidade dos lazos humanos.

Hipócrita Teatro xa ten previstas outras cinco funcións desta peza, durante o outono, en distintas localidades da xeografía galega.

As entradas poden adquirirse no propio Local (R/ Doutor Gasalla, 18) dende unha hora antes da función, ó prezo de 3€.

Detalles

Fecha:
1 de octubre
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Ítaca. Artes Escénicas
R/ Doutor Gasalla, 18
Lugo, 27004
+ Google Map
Teléfono:
635 85 22 67
Ver la web Local