
- Este evento ha pasado.
Teatro – As alumnas
3 de marzo - 20:30

Teatro – As alumnas
ESTREA DO ESPECTÁCULO
de Culturactiva
Auditorio Municipal Gustavo Freire
70 minutos
- Dirección: Fina Calleja.
- Elenco artístico: Anabell Gago e Mónica Caamaño.
As alumnas é un espectáculo dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira, en torno á figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres.
As dúas personaxes femininas, interpretadas por Anabell Gago e Mónica Caamaño, representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo cómo as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.