domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – BERNARDA VILALBA 1975

10 de diciembre, 2020 - 20:30

BERNARDA VILALBA 1975 – Malasombra Teatro
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
75 minutos
Dirección José Prieto

Elenco artístico Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja.

“BERNARDA” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso contorno a alguén como Bernarda e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocorre en “BERNARDA”, por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras, e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Isto é o que en “BERNARDA” demos en chamarlle humor de tanatorio ou risa de funeral, que tamén é unha constante durante todo o espectáculo.

Bernarda é unha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir, cunha infancia dura de posguerra que a forxou nuns principios ríxidos e inamovibles. Ao morrer o marido ten que asumir o papel de pai e de nai, e educa as súas fillas como mellor sabe, como aprendeu, e todo o que fai non o fai por mal, todo o contrario, faino porque pensa que é o mellor para elas. As fillas, en cambio, non o ven así, aínda que como tamén entre elas son diferentes, discuten moitas veces sobre se no fondo Bernarda é pobriña ou é mala.

Bernarda, ó quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as “malas” influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, nin as minisaias, nin os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa intención é moi clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer.” O público presente coñecerá se chega a conseguilo ou non.

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
10 de diciembre, 2020
Hora:
20:30
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X