jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: Cinco minutos sen respirar

21 de diciembre, 2018 - 20:30

día 21, ás 20:30, a nova compañía lucense Ítaca Teatro porá en escena a súa ópera prima, “Cinco minutos sen respirar”. Esta función forma parte do Programa Proscenio da Deputación Provincial. ENTRADAS ESGOTADAS

Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, que afonda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.

Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.

A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.

Cinco minutos sen respirar, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia… e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos

Sinopse

A Margarita acaban de despedila do seu traballo no banco e vai refuxiarse ao supermercado, non só preocupada polo seu despido, senón tamén fuxindo dunha relación tormentosa que iremos coñecendo pouco a pouco entre decenas de citas literarias.

Víctor é supervisor do supermercado e coñeceu a Margarita recentemente como usuario do banco. Ambos personaxes mergúllanse nunha conversa sobre as súas vidas, os seus desexos e os seus medos, mentres parecen ficar atrapados na tenda.

Detalles

Fecha:
21 de diciembre, 2018
Hora:
20:30

Local

Ítaca. Artes Escénicas
R/ Doutor Gasalla, 18
Lugo, 27004
Teléfono:
635 85 22 67
Web:
https://www.facebook.com/itacaartesescenicas/
X