
- Este evento ha pasado.
Teatro clásico – As Fillas Bravas. O mito de Casandra
18 de marzo, 2021 - 20:00

Teatro clásico – As Fillas Bravas. O mito de Casandra
Compañía: Chévere
XXI Mostra de Teatro Clásico
60 minutos
Sinopse:
As Fillas Bravas son tres pandereteiras que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.
Nesta nova obra usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega para tratar de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural, reafirmándose na súa autonomía, creatividade e implicación na colectividade.
Idade recomendada: a partir dos 9 anos.
SISTEMAS DE VENDA
BONOS
Na Oficina de Turismo, praza do Campo, núm.11 , no seu horario de apertura habitual, ou a través do portal web entradaslugo.es ata o 3 de marzo. Tfno. de contacto da Oficina de Turismo: 982 251658.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no Auditorio Municipal Gustavo Freire, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.