
- Este evento ha pasado.
Teatro clásico – Castelvines & Monteses
6 de marzo, 2021 - 18:30

Compañías: Barco Pirata e CNTC
XXI Mostra de Teatro Clásico
150 minutos
Sinopse:
“Castelvines y Monteses” é unha festa do teatro. É poñer o verso de Lope, a historia de Bandello, o xogo da versión de Rojas Zorrilla, o voo de Shakespeare e a acidez de Quevedo ao servizo dun espectáculo cheo de humor, xogo, música, maxia, clown e baile.13 actrices e actores que abrazan os versos de Lope de Vega, namoran e namoran ao espectador co seu talento actoral, o seu dominio do corpo, do canto e dos instrumentos. Un espectáculo case de circo, para toda a familia, que nos reconcilie co teatro do século de ouro. Señoras e señores, a comedia musical está servida.
Duración: 150 min (con dous descansos de 10 e 15 min. respectivamente).
Idade recomendada: a partir dos 12 anos.
SISTEMAS DE VENDA
BONOS
Na Oficina de Turismo, praza do Campo, núm.11 , no seu horario de apertura habitual, ou a través do portal web entradaslugo.es ata o 3 de marzo. Tfno. de contacto da Oficina de Turismo: 982 251658.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no Auditorio Municipal Gustavo Freire, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.