lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro clásico en Lugo – «Ricardo III» de William Shakespeare

22 de marzo, 2020 - 20:30

Cartel do Programa da XX mostra de teatro clásico de Lugo
Domingo 22 de marzo – 20:30 horas – Auditorio Municipal Gustavo Freire

«Ricardo III» de William Shakespeare, versión libre de Miguel del Arco e Antonio Riojano interpretada por El Pavón Teatro Kamikaze, Premio Nacional de Teatro 2017, coa dirección de Miguel del Arco e Álvaro Báguena, Chema del Barco, Israel Elejalde, Alejandro Jato, Verónica Ronda, Cristóbal Suárez e Manuela Velasco no escenario.

Que terán as malas e os malos que nos gusta miralos? Que morbo se desata en nós como espectadoras e espectadores do mal? Que é o que fai que xeración tras xeración Ricardo III sexa unha presencia permanente sobre os nosos escenarios? Ricardo III é unha función pragada de envexas, corrupción dunha e outra cor, loitas de poder, cobiza, injustiza, fake news, enganos políticos, intereses partidistas… Ben, o que vén sendo un día normal na vida pública española do século XXI. Miguel del Arco e Antonio Rojano adaptan libremente ao noso tempo este clásico de Shakespeare

120 minutos de duración.

Entradas e bonos

Dende a área de Cultura poñeranse á venda bonos para 7 representacións por 35€ na zona A e 26,25€ na zona B do auditorio. As entradas para as representacións individuais custarán 8 e 6 euros en cada zona. As persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG poderán adquirilas por 5 e 3,75€ segundo a zona.

As obras para público familiar non están incluídas nos bonos, e teñen un prezo único de 5€ por entrada.

Complexo de Edipo, de Quico Cadaval, que se representará no Vello Cárcere, terá entrada gratuíta até completar a cabida.

Os bonos e as entradas poderán mercarse na Oficina Municipal de Turismo ou no portal web entradaslugo.es. O último día para mercar bonos será o 5 de marzo.

As entradas poderán mercarse na web e na Oficina Municipal de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función, e na entrada do auditorio dende hora e media antes.

ENTRADAS

Programa da XX Mostra de Teatro Clásico de Lugo

Detalles

Fecha:
22 de marzo, 2020
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X