jueves, noviembre 10, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro clásico familiar – «Pulgarcito»

27 de marzo - 18:30

Teatro clásico familiar – «Pulgarcito»

27 de mar. de 2022 18:30

Teatro Paraíso
XXII Mostra de Teatro Clásico
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: a partir dos 6 anos.

Dirección: Iñaki Rikarte

Elenco artístico: Tomás Fernández e Ramón Monje

SINOPSE

Os clásicos sono pola súa capacidade de resultar contemporáneos en calquera tempo. Teatro Paraíso presenta o conto de «Pulgarcito» privilexiando o tema do abandono e contextualizándoo nunha situación que non deixará de reclamar paralelismos coa sociedade actual.

«Pulgarcito» é un conto no que un neno miúdo e enxeñoso salva a todos os seus irmáns e a súa familia, despois de que os seus pais desesperados os abandonen no bosque por falta de recursos.

O conto pertence ao imaxinario colectivo, basta recordar algunhas pasaxes da historia para emocionarnos:

Quén non tivo medo de perderse nun bosque e ser abandonado?

Quén non imaxinou un rastro de pedriñas brancas para volver á casa? E un rastro de migas de pan que desaparecen polo apetito duns paxaros? Quén non sentiu medo ao pensar na figura dun malvado ogro?

Este universo fantástico non exento de certa inxenuidade será recreado entre un pai e un avó a véspera dun día moi especial para ambos. Todo comeza ao levantar o dedo polgar dunha man e deixar voar a imaxinación.

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
27 de marzo
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05