
- Este evento ha pasado.
Teatro clásico familiar – Quixote
7 de marzo, 2021 - 18:30

Teatro clásico familiar – Quixote
Compañía: Pedras de Cartón
XXI Mostra de Teatro Clásico
45 minutos
Sinopse:
“Quixote” é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Miguel de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia, nunha proposta chea de humor e case sen palabras, na que Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.
O novo espectáculo de Pedras de Cartón traballa, desta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini».
Idade recomendada: a partir dos 3 anos.
SISTEMAS DE VENDA
BONOS
Na Oficina de Turismo, praza do Campo, núm.11 , no seu horario de apertura habitual, ou a través do portal web entradaslugo.es ata o 3 de marzo. Tfno. de contacto da Oficina de Turismo: 982 251658.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no Auditorio Municipal Gustavo Freire, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.