16.3 C
Lugo
Jue, 30 Mar 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Comando Comadres

18 de noviembre, 2021 - 20:30

Teatro – Comando Comadres
Matrioshka Teatro

Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
60 minutos

Dirección Gena Baamonde

Elenco artístico Chelo do Rejo, Anabell Gago e Lorena Conde

A través do humor un grupo de Artivistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.

Os Comandos establécense como pequenos grupos de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión.

Son Comandos activos de estratexias impredecibles e irreverentes que van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel mundial centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos os xéneros tanto no ámbito público coma no privado, dos coidados dos ecosistemas sans e equilibrados, así coma dos afectos cos que crear lazos de sororidade e empatía, e coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, as señoras silenciadas, perseguidas, queimadas, torturadas, aos saberes invisibilizados e á historia oculta do noso pasado.

ENTRADAS

FORMA DE ADQUISICIÓN

* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
18 de noviembre, 2021
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05