viernes, noviembre 11, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Desde o invisible

11 de noviembre, 2021 - 20:30

Desde o invisible de La Quintana Teatro
Auditorio Municipal Gustavo Freire

Dirección: Rolando San Martín

Elenco artístico: Esther Aja, Nacho Martín e Victoria Teijeiro (intérpretes); Santiago Cortegoso (tradutor); Raúl Arias, Alberto Zuya, Germán Michelena e Josito Hernández (vídeo).

Desde lo invisible é unha colaxe de escenas que viran en torno ao mundo das persoas con diversidade.

Unha embarazada que non sabe se o seu neno ten unha discapacidade, unha moza que non acepta que o martes non se vaia á piscina, outra no seu primeiro día de traballo, unha irmá que pide un futuro sen ataduras…

Mozas e mozos diferentes, monitores, familias, veciños, coñecidos, descoñecidos… Todos mostrarannos a verdade dunha realidade moi afastada da maioría de nós.

Risa, emoción, humanidade e poesía irán fluíndo nunha experiencia teatral que tomará ao espectador como cómplice, observador, protagonista e interlocutor dunhas vidas que merecen ser contadas. Unhas vidas que merecen ser vividas.

ENTRADAS FORMA DE ADQUISICIÓN

* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
11 de noviembre, 2021
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05