ADIADO – Teatro – Diógenes Lila Teatro
«Por causas alleas á Área deCultura vémonos na obriga de adiar a función de «Diógenes» de Lila teatro prevista para o 17 de novembro ás 20.30h no Auditorio Gustavo Freire. A nova data será o día 26 de novembro do 2022 ás 20.30h.As entradas xa adquiridas valerán para a nova data e aquelas persoas que queiran que se lles devolvan poden consultar a politica de devolución na páxina web www.entradaslugo.es en Condicións de uso e no punto 6 Política de devolucións.»
xoves, 17 de novembro de 2022 20:30 hs.
Sinopse:
“Diógenes” describe unha intensa viaxe cara ó nebuloso abismo da psique. Un singular proceso expiatorio tras dunha extraordinaria vivencia que confronta o ego, obrigando a unha análise das propias paixóns dende un lugar de contemplación. O despertar da conciencia a través da consciencia. A eterna disputa respecto ao vínculo existencial entre virtude e felicidade que esixe levar á práctica o coñecemento atesourado e aquela sabedoría innata que busca constantemente a ledicia do ser. Segundo Sócrates os seres humanos desexan acadar a Eudaimonía, entendida como pureza espiritual, máis que calquera outra cousa na vida.
“Diógenes” abarca o concepto de alma dende o hedonismo, nun intento de revelar a arte de vivir en liberdade fronte ao materialismo e as aparencias, partindo da concepción do propio destino dende o libre albedrío.
Esta é a historia dun cínico do século XXI en contra dun poder arrogante que insiste en desacreditar deliberadamente os verdadeiros valores existenciais.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.
FORMA DE ADQUISICIÓN:
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte