
- Este evento ha pasado.
Teatro – Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva
25 de noviembre, 2021 - 20:30

Teatro – Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva
Compañía: Olivas negras
Auditorio Municipal Gustavo Freire
80 minutos
Dirección Marian Bañobre
Elenco artístico Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez
Chegan as próximas badaladas de fin de ano. Atopámonos ante un espello no que mirarse, cuestionarse, quererse… Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes.
Un mosaico de complicidades a través do tempo… e algún que outro conflito tamén. Unha historia de autosuperación e empoderamento feminino.
Un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica – subversiva, no que o espectador terá tamén ocasión de observarse e viaxar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva que queda no prato.
ENTRADAS
FORMA DE ADQUISICIÓN
* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.