viernes, noviembre 11, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Drop

4 de noviembre, 2021 - 20:30

Drop
Pistacatro Produtora de Soños

Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
60 minutos

Teatro familiar. Recomendada público maior de 10 anos.

Dirección: Pablo Reboleiro.

Elenco artístico: Aitor Garuz, Santiago Montero, Guillermo Porta, Pablo Reboleiro, Nacho Muñoz

Onde residen os obxectos? Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, chamativos ou discretos … pero, non están vivos.

O lugar no que os obxectos destellan e se inflaman coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por esto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabrón, os drons, os as cometas e as estrelas.

Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Personas que desenvolven unha cualidad especial para manter obxectos flotando no ar.

Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida. Pero fora diso e ó igual que o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu entorno, cos seus retos, cos seus problemas, cos seus atributos e carencias, e tratan de manter todo no ar para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo.

Por iso Drop xoga, constantemente e máis que nunca, coa metáfora que compara ós malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas.

Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nos. E, durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos sair do chan e voltar a caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis que un xogo.

ENTRADAS

FORMA DE ADQUISICIÓN

* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
4 de noviembre, 2021
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05