11.8 C
Lugo
Mié, 29 Mar 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – «…e poñerán esposas ás flores»

10 de febrero, 2022 - 20:30

Teatro – «…e poñerán esposas ás flores»

10 de feb. de 2022 20:30

Stracciatella Teatro

Auditorio Municipal Gustavo Freire

  • Dirección: Javier F. Mariño.
  • Elenco artístico: Marcos Fernández, Alejandro Carro, Andrés Mahía, Klaus Martínez e Iria Lamas.

…E POÑERÁN ESPOSAS ÁS FLORES é un dos dramas máis provocativos de Fernando Arrabal no que se presenta a dicotomía dun ser humano que pode facer cousas fermosas como chegar á lúa e outras terribles como asestarlle o tiro de gracia a Lorca no cu.

A obra transcorre nun cárcere español do final da posguerra civil e inspírase no caso de Julián Grimau, executado en 1963 polos seus crimes cometidos durante a guerra civil uns 25 anos antes.

A trama teatral non soamente transcorre dentro da cela na que permanecen os presos, senón que se vai alternando con diferentes recordos e soños dos protagonistas polo que a peza tínguese de multitude de elementos oníricos que permiten facer unha reflexión exhaustiva da realidade que aconteceu no noso país.

Na adaptación realizada por Javier F. Mariño súmanse ao universo de Arrabal elementos visuais que achegan  ao espectador a atmósfera da época. De igual maneira, a utilización do acordeón como unha personaxe máis da historia consegue levarnos do real ao onírico con total claridade.

ENTRADAS

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
10 de febrero, 2022
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05