23.2 C
Lugo
Lun, 25 Sep 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – El animal de Hungría

17 de marzo - 20:30

El animal de Hungría
EscénaTe

Lugar: Auditorio Gustavo Freire.

Venres, 17 de marzo de 2023 20:30 hs.

Idade recomendada: A partir 12.

Dirección: Ernesto Arias.
Intérpretes: Jorge de la Cruz, Laura Ferrer, Óscar Fervaz, Inés González, Carmen Quismondo, Nora Hernández, Gonzalo Lasso, Natalia Llorente e Antonio Prieto .

Sinopse:
Nos montes de Hungría vive un monstro que ten asolada unha aldea. Unha mañá, un fidalgo (Lauro) dálle caza e descobre que o monstro é a fermosa raíña Teodosia, primeira esposa do rei Primislao. Vítima das intrigas de Faustina, a súa propia irmá, foi condenada a morrer entre as feras pero Teodosia logrou sobrevivir agochada nunha cova. Mentres tanto, Faustina usurpou o seu trono e está a piques de parir un herdeiro.

Esa mesma mañá, os reis exploran ese monte para cazar un xabarín. Os aldeáns aproveitan a ocasión e suplícanlle ao rei que mate á besta que os atemoriza. Faustina afástase a un lugar seguro e, presa do medo, precipítase o parto dunha nena. Despois, atópase de fronte co monstro e sofre un desmaio. Teodosia, que recoñece a súa irmá, decide roubar a nena e criala na serra como filla súa baixo o nome de Rosaura. Esa mesma mañá, uns mariñeiros españois abandonan a un nobre infante nas costas de Hungría.

Trátase de Felipe, neto do conde de Barcelona, ao que o seu cruel avó apartou da súa nai.
Vinte anos despois, Rosaura e Felipe namoran no monte. A trama complícase cando Felipe mata a un labrego que quere cazar a Rosaura. Felipe e Rosaura son atrapados e levados á Corte para que o rei Primislao imparta xustiza. Aí descóbrese a identidade e nobreza dos mozos, desenmascáranse as intrigas de Faustina e Teodosia, e finalmente, recuperan honra e reino.

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
17 de marzo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05