
Teatro – El diablo cojuelo
9 de marzo - 20:30

Teatro – El diablo cojuelo
Rhum Teatre e CNTC
Xoves, 9 de marzo de 2023 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir de 12 anos.
Dramaturxia: Juan Mayorga.
Dirección: Ester Nadal.
Intérpretes: Jordi Martínez, Joan Arqué, Roger Julià, Mauro Paganini, Piero Steiner e Xavi Lozano.
Sinopse:
Aos pallasos de Rhum & Cia encárganlles facer un clásico e tómano coma unha gran oportunidade. Elixen, porque non había outro na libraría, El diablo cojuelo de Luis Vélez de Guevara.
Deste xeito é como comezan a enredarse, ou máis ben a rifar, dúas tramas: a da tola obra de Vélez, tratada con moito respecto e algunha liberdade, e a dunha compañía sempre a punto de fracasar, ao xeito pallaso, na súa teima por levala a escena.