
- Este evento ha pasado.
Teatro en Lugo – “CELEBRARÉ MI MUERTE”
25 de octubre, 2020 - 18:30

25 de outubro. “CELEBRARÉ MI MUERTE” de Teatro del Barrio.
Unha obra baseada en feitos reais.
Duración: 70 minutos
20.30 horas
Dirección Alberto San Juan e Víctor Morilla
Elenco artístico Marcos Hourmann
O 28 de marzo de 2005 a vida do cirurxián Marcos Hourmann cambiou para sempre. De
madrugada, unha paciente de máis de 80 anos chegou ao servizo de urxencias do hospital onde traballaba. Sometida a un gran sufrimento físico, o prognóstico só lle daba unhas horas de esperanza de vida.
A paciente e a súa filla pedíronlle que terminara definitivamente co seu sufrimento. Marcos,
saltando todo o protocolo médico, inxectoulle 50 mg de cloruro de potasio na vea. Morreu aos poucos minutos. E Hourmann fixo unha cousa que nunca fixera ninguén neste país: deixou escrito no informe o ocorrido. Poucos meses despois, Marcos recibiu unha notificación do xulgado: estaba acusado de homicidio. A familia nunca o denunciou, pero si o hospital. Por aquela decisión podía pasar ata 10 anos en prisión.
Agora o público emitirá o veredicto.
ENTRADAS no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.