
- Este evento ha pasado.
Teatro: «Euria» no Gustavo Freire de Lugo
9 de marzo, 2019 - 18:30

«Euria» dentro da programación Artes escénicas + XIX Mostra Teatro Clásico que se celebra no Auditorio Municipal Gustavo Freire
Elenco artístico: Fernando Barado, Nerea Martínez, Natalia García, Itziar Fragua, Ioar Fernández
Duración: 60 min.
Dirixido a público infantil de máis de 6 anos
Euria (choiva) fala do que nos pasa cando algo ou alguén a quen queremos xa non está. E de todo ese fastidioso tempo que necesitamos para entender e aceptar que algo cambiou.
Euria (choiva) está feito con: gotas de auga, un paraguas colorado, unha caixa de ferramentas, bágoas gardadas nos caixóns, 4 acrobacias, outro paraugas abandonado e roto, acenos fermosos nunha canción triste, un ferro de pasar louco, un espertador de moitos recordos, unha ventá ao exterior e un sol debuxado. E, mesturándoo todo de maneira máxica, parece que falamos, á fin, da nosa capacidade de superación.