
- Este evento ha pasado.
Teatro – “FALAR POR FALAR”
18 de octubre, 2020 - 18:30

“FALAR POR FALAR” de Volta e Dálle Teatro
LUGAR Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
DURACIÓN 65 minutos
18.30 horas
Dirección Carlos Santiago
Elenco artístico Carlos Santiago e Pepe Penabade
Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño. Moita xente mamouna no berce, outra demorou en romper a falala, e hai quen nunca a falou nin nunca a falará. Por iso «Falar por Falar» proponnos un achegamento á realidade da lingua, desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes.
ENTRADAS: no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.