
- Este evento ha pasado.
Teatro familiar – A cazola de Lola
29 de mayo - 18:30

Teatro familiar – A cazola de Lola
Tanxarina Títeres
- Auditorio Municipal Gustavo Freire
- 50 minutos
- Teatro familiar. Recomendada público infantil de máis de 5 anos.
- Dirección: Cándido Pazó.
- Elenco artístico: Eduardo Rodríguez «Tatán», Miguel Borines e Andrés Giráldez.
Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caeulle un día enriba… Non se sabe moi ben por qué. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes. E atópano raro… Ademais, o seu cazo complícalle a vida. Afortunadamente existen persoas marabillosas, só fai falta dar cunha delas…
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.