jueves, noviembre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro familiar – Cubo

13 de febrero - 18:30

Teatro familiar – Cubo

13 de feb. de 2022 18:30

Elefante Elegante

Auditorio Municipal Gustavo Freire

Recomendada público infantil de máis de 3 anos.

  • Dirección: Gonçalo Guerreiro, María Torres e Pablo Sánchez.
  • Elenco artístico: María Torres e Gonçalo Guerreiro.

“Urxe vivir a propósito, como só os soñadores viven!”

C U B O é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo ten orixe na abstracción da figura xeométrica do cubo e parte da situación de confinamento que todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar.

C U B O é un xogo e un xoguete cheo de fantasía, humor e poesía visual.

En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes interpretados por María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre estiveron de acordo ata hoxe, mais no momento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso.

Un quere viaxar cara a un lado en busca de preguntas e o outro quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, sur, leste ou oeste? Xuntos ou separados?

“Apetece caer para riba ata un lugar descoñecido sen precisarmos de mapas para subir montañas, nin indicacións para abrir e pechar portas de castelos imaxinarios! Como xogar a un novo xogo… e saltar á primeira paisaxe!”

ENTRADAS

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
13 de febrero
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05