
- Este evento ha pasado.
Teatro familiar – Desconexión
23 de octubre - 18:30
Teatro familiar – Desconexión
Títeres Alakrán
Domingo, 23 de outubro de 2022 18:30 hs.
Sinopse:
As nosas vidas dependen da cobertura, da velocidade da transmisión de datos, da wifi ou da fibra óptica, dun contorno virtual e invisible… Somos unha sociedade hiperconectada, que entra en pánico se unha aplicación cae ou o se o sistema queda colgado. Comportamento que é referencia e espello para cativas e cativos.
Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co contorno, co humano e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.
Idade recomendada: A partir dos 5 anos.
FORMA DE ADQUISICIÓN:
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.