
- Este evento ha pasado.
Teatro familiar – Golulá
16 de octubre - 18:30

Teatro familiar – Golulá
De Galitoon
Domingo, 16 de outubro de 2022 18:30 hs.
Sinopse:
Había unha vez un país, o seu nome: Golulá. A diferenza doutros países, en Golulá as persoas eran todas diferentes, de diferentes especies, de diferentes formas, de diferentes cores e incluso, as persoas falaban en idiomas diferentes, pero aínda así, todos se entendían.
O máis curioso de Golulá é que só tíña unha nube, unha e ningunha máis. Os habitantes de Golulá tiñan medo de perdela e por iso, un garda moi especial coidaba dela: Bunka, un gorila grande, forte e de gran corazón. Neste país, tamén vivía Lara, a mellor amiga de Bunka, unha vaidosa e mandona nena. Bunka e Lara podían pasar horas xogando, días, semanas…
Pero un día, o malvado Doutor Terrier roubará a nube de Golulá e todo cambiará: a risa deixará de escoitarse, os ríos comezarán a secarse, os nenos terán sede…
Lara e Bunka comezarán unha viaxe cheo de perigos por terra, mar e aire para tentar salvar a única nube de Golulá.
Idade recomendada: A partir dos 4 anos.
Premio ao mellor espectáculo infantil – X Feria de Teatro de Castilla y León (Ciudad Rodrigo).
Espectáculo mellor valorado polo público infantil – IX edición Domingos do Principal (Pontevedra).
Premio do xurado ao espectáculo máis innovador – XXIV MIT de Ribadavia (Ourense).
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.