viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro familiar – Hugo

3 de abril - 18:30

Teatro familiar – Hugo
Os Náufragos Teatro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
40 minutos
Teatro familiar. Recomendada público infantil entre 4 e 10 anos.

Dirección:Gustavo del Río.

Elenco artístico: María Roja, Jimmi Núñez.

Os Náufragos Teatro presenta HUGO, un espectáculo con forte compoñente social, ao que nos ten acostumados a compañía, coa que queren sensibilizar e dar visibilidade ao trastorno do espectro autista (TEA).

Dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos, e tamén aos seus pais e nais, utiliza para isto unha linguaxe universal, a modo de conto.

HUGO fala así de empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia, porque ser diferentes fainos grandes. Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano.

Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. Ser diferentes fainos grandes.

ENTRADAS:

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
3 de abril
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05
X