
- Este evento ha pasado.
Teatro familiar – La mona Simona
8 de mayo - 18:30

Teatro familiar – La mona Simona
La Sonrisa del Lagarto
- Auditorio Municipal Gustavo Freire
- 50 minutos
- 8 de maio de 2022 18:30
Teatro familiar. Recomendada público infantil maior de 5 anos.
- Dirección: Marli Santana.
- Elenco artístico: Marli Santana e Ave Fernández.
Un espectáculo sinxelamente belo, inspirado en valores coma a amizade e o amor á natureza. Innovador porque mestura as técnicas do teatro de sombras chinescas, os monicreques e a narración e interpretación.
Esta mestura de técnicas e a dificultade que afronta cada unha delas por separado e en conxunto, xeran un espectáculo revelador, moderno, ideal para o goce de toda a familia pola súa creatividade e calidade artística.
Colgada dunha cana dun milenario Baobab, a mona Simona agarda durmida a chegada da alba para saudar ao astro rei, o Sol. A todos os outros animais que pasan por debaixo da súa árbore convídaos a ver o gran espectáculo, e para espantar o sono e a soidade da espera, pídelles que lle conten un conto.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.