15.5 C
Lugo
Mar, 3 Oct 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro familiar – «Laika»

21 de enero - 18:30

Teatro familiar – «Laika»
Xirriquiteula Teatre

Sábado, 21 de xaneiro de 2023 18:30 hs.

Idade recomendada; A partir dos 4 anos.

Sinopse:

1957. Estamos en Moscú. Durante a Guerra Fría e en plena carreira espacial. A cadeliña Laika sobrevive polas rúas da xeada cidade. Nada faille sospeitar que o seu destino vaina levar ao espazo dentro do Sputnik ll e que pasará á historia da humanidade. Será o primeiro ser vivo en orbitar arredor da Terra pero tamén unha vítima máis das loitas de poder de outros.

Xirriquiteula Teatre utiliza neste espectáculo técnicas tan diversas como as retroproxeccións animadas, títeres, autómatas, sombras e o traballo de actor para uns personaxes que falan nun ruso moi singular. T

odo isto aderezado por unha banda sonora creada a medida para arroupar cada escena. Un delicado traballo multidisciplinar onde todo encaixa logo de dous anos de intenso e longo traballo en colectivo.

Unha organización creativa moi potente onde cada un dos creadores é especialista e ten a última palabra no seu campo pero participa igualmente na definición de todos os aspectos da obra.

Premio MAX de teatro 2021 al mejor espectáculo para público infantil, juvenil o para público familiar.

Premio 19 BBVA de teatro.

Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
21 de enero
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05