
- Este evento ha pasado.
Teatro familiar – Leonardo e os Biosbardos
6 de febrero - 18:30

Teatro familiar – Leonardo e os Biosbardos
A Xanela do Maxín
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Teatro familiar. Recomendada público infantil de máis de 6 anos.
Dirección: Celtia Figueiras e Topo Vidal.
Elenco artístico: Celtia Figueiras, Mario Rodríguez e Topo Vidal.
Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria, fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.
Entretanto debe tamén coidar de pecharlles a porta ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos. A cambio da protección esixen a súa comida preferida: ovos de galiña.
A través do acoso introdúcese a superación dos medos, racionais e irracionais. Non renderse, vencer as adversidades e plantarlles cara aos problemas como un medio para favorecer a educación integral das persoas.
A solidariedade, o ecoloxismo, a integración, a vida na natureza ou o despoboamento do rural son outras das temáticas que se tratan nesta obra.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.