Domingo, 22 de xaneiro de 2023 18:30 hs.
Idade recomendada; A partir dos 5 anos.
Sinopse:
Tori é unha nena que vive no rural galego. A Tori encántalle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu-jitsu, as películas de Bruce Lee, Jackie Chan. O seu soño é ser unha Ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha autentica Ninja.
Tori descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis. Coa axuda do seu veciño o señor Edelmiro, Tori conseguirá que os nenos e as nenas se fagan visibles e cambiar así as tornas na escola.
Ninja é unha obra coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto, a diversidade…coa que queremos amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible.
Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte