sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro familiar – Uniko

24 de abril - 18:30

Teatro familiar – Uniko
Teatro Paraíso
Auditorio Municipal Gustavo Freire
67 minutos
Teatro familiar. Recomendada público infantil maior de 6 anos.

PREMIO NACIONAL DE TEATRO PARA Á INFANCIA E XUVENTUDE

NOMINADO A MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL, XUVENIL OU FAMILIAR NOS PREMIOS MAX 2021

  • Dirección: Iñaki Rikarte
  • Elenco artístico: Maite Bayon, Tomas Fernández Alonso, Maitane Goni

Paul é fillo único e o rei da súa casa. O nacemento da súa irmá Irati provocará que un medo íntimo a deixar de ser querido se apodere del ameazando a estabilidade familiar.

ÚniKo é un espectáculo para todos os públicos a partir de 6 anos que pretende ser un reflexo do que os celos polo nacemento dun irmán poden provocar nun neno e no seu contorno.

Mesturando as técnicas do monicreque e do teatro máis realista presentamos o inquietante tema dos ciúmes, mirándoos de fronte en toda a súa crueza, aínda que sen perder nunca o sentido do humor.

Polo escenario faremos desfilar a Paul, aos seus pais, a súa irmá Irati, a súa avoa, a mestra de Paul e a Richi -o seu oso de peluche e alter ego da súa conciencia-, coa vontade de facer un espectáculo familiar no seu sentido máis amplo, pois tanto os nenos coma os adultos atoparán situacións e personaxes nos que sentirse recoñecidos.

Esperamos que sirva para pasar un bo pedaciño e, de paso, reflexionar todos xuntos arredor de temas coma a convivencia, a educación, a autoestima, a tristura ou o apego.

ENTRADAS 

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
24 de abril
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05
X