
- Este evento ha pasado.
Teatro – Formigas no peto
7 de mayo - 20:00

Teatro – Formigas no peto
Tratase dunha peza unipersoal, protagonizada polo actor Carlos Rebolo, que mestura narración oral, teatro de imaxes e teatro de actor.
Formigas no peto mergúllanos na infancia, como cerne do noso ser, a través da memoria do protagonista, unha memoria que en parte podería ser a nosa, porque nela danse a man o individual e o colectivo, o que nos fai únicos e o que nos vencella cos demais.
A función será o sábado ás 20h e as entradas poden adquirise dende unha hora antes na R/ Doutor Gasalla 18.