
- Este evento ha pasado.
Teatro – Formigas no peto
16 de diciembre, 2021 - 20:30

Teatro – Formigas no peto
Ítaca Teatro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
80 minutos
Recomendada para maiores de 16 anos.
Dirección José Campanari
Elenco artístico Carlos Rebolo
Formigas no peto é unha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes, coa narración oral e co teatro de actor.
Trátase dun espectáculo unipersoal que fala da memoria individual e colectiva de tod@s nós e que, por medio de varios personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa vida cotiá, dende as avoas ata nós mesmas, vainos levando polo Bazar da Memoria do protagonista quen, dende alí mesmo, cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia… ou a nosa.
“A miña memoria é unha mestura de momentos e lugares que me habitan: pequenos anacos de historia gardados nos recunchos máis remotos da miña alma, que, de cando en vez, pasean polo meu corpo pousados no lombo das formigas que se agochan nos petos.”
ENTRADAS
FORMA DE ADQUISICIÓN
* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.