viernes, noviembre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Gaia Baba

14 de noviembre, 2021 - 18:30

Gaia Baba de Moving Compass

Auditorio Municipal Gustavo Freire
Recomendada público infantil maior de 7 anos.

Dirección: Moving Compass (creación colectiva)

Elenco artístico: Tomé Mouriño, Carlos Gallardo, Daniel Gómez, Mathias Rodríguez e Rafael Rey

O mundo, devorado polos residuos, perdeu a súa cor. Frío, gris e cuberto de desperdicios é reinado por unha terrible catástrofe: o lixo.

Seres sen piedade impóñense como amos incontestábeis dunha terra erma.

Sen embargo, alguén queda neste falmaguento mundo. Alguén queda barrendo sen cesar a ondas de lixo que sempre voltan. Alguén queda sen dimitir dun propósito que parece inalcanzable. Alguén queda coa esperanza de que a natureza recupere os seus dereitos: a meiga Gaia Baba.

A súa aventura comeza o día que, entre o lixo, descubre aquilo que cría perdido para sempre.

ENTRADAS – FORMA DE ADQUISICIÓN

* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
14 de noviembre, 2021
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05