lunes, noviembre 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – «Hotel Europa»

5 de mayo - 20:30

Teatro – «Hotel Europa»
Señora Supina
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
85 minutos
  • Dirección: Javier Lojo.
  • Elenco artístico: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Javier L.

Benvidos ao HOTEL EUROPA, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible.

Un berro, unha chamada na noite e unha chea de sospeitosos…  Dona Remedios, dona e alma do centenario Europa, aparece morta  en estrañas circunstancias. A lupa porase sobre  a variopinta clientela para tentar responder a pregunta:  quen matou a Dona Remedios?

HOTEL EUROPA é unha comedia vodevil áxil e divertida con catro actrices que interpretarán a máis de 20 personaxes.  Unha obra moi do estilo das sitcoms (comedias de situación) e cunha boa dose de intriga na que uns e outros descubriremos as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do Hotel.

HOTEL EUROPA é un espectáculo que busca reflexionar, desde a ironía e o entretemento, sobre os procesos de transformación e perda de identidade que, nos últimos anos, as vilas galegas veñen sufrindo por mor da especulación urbanística e o turismo masificado. Un proxecto que parte do propio para chegar ao de todos, do concreto ao universal, e que emprega fórmulas a medio camiño entre o vodevil, o musical, a alta comedia e o teatro convencional.

ENTRADAS

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
5 de mayo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05