domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – ‘Imperátor’

15 de octubre, 2020 - 20:30

Burbullas Culturais - Programa de outubro 2020

Teatro – ‘Imperátor’

O grupo Maricastaña da Aula de Teatro de Ourense pechará o xoves a primeira parte do XXVI Festival de Teatro Universitario coa escenificación da peza ‘Imperátor’, unha peza escrita e dirixida por Fernando Dacosta. A representación desta montaxe será o xoves 15, a partir das 20.30 horas, no auditorio Gustavo Freire.

Entradas

As actividades promovidas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan o Concello e a Deputación Provincial de Lugo xunto coa USC, son de carácter gratuíto. Aínda así, dada a actual situación sanitaria deparada pola pandemia da COVID-19, para asistir como público a calquera dos eventos incluídos na ‘burbulla’ do mes de outubro, cómpre enviar unha solicitude de petición de entrada ao enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es a partir do venres anterior a cada actividade. Nese correo facilitarase o nome completo da persoa o seu DNI e teléfono. A oficina da Área de Cultura da USC no Campus de Lugo atenderá as reservas por rigorosa orde de petición.

Detalles

Fecha:
15 de octubre, 2020
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X