
Teatro «Jácara para un pícaro o la España negra»
3 de marzo - 20:30

Teatro «Jácara para un pícaro o la España negra»
Primeiro premio por votación do público en FestelOff (Festival de Teatro Español en Londres) Terceiro premio por votación do xurado en FestelOff (Festival de Teatro Español en Londres)
Lugar: Auditorio Gustavo Freire.
Venres, 3 de marzo de 2023 20:30 hs.
Idade recomendada: Público adulto.
Dirección: Nazan L. Bamio.
Intérpretes: Sandra Gade e Álvaro Revuelto (música en directo).
Sinopse:
A compañía ambulante de La Griot’te preséntase na praza!
O azaroso encontro, que non foi así concibido, dunha gravadora cun feixe de ignotas historietas, ás que curiosamente arremedan aquelas contadas por El Buscón, preséntanos a un ‘Cristiá novo’ dando conta das súas vivencias nunha terra que lle é descoñecida. Nelas amosa un retablo de especies cridas extintas aínda que en perigo de reconstrución nun Madrid a calcetín volto.
La Griot’te, grazas á arte dos xograres e olé, revive tal periplo dando corpo ós personaxes cos que o cativo se topou, nun espectáculo musicado de ‘raras avis’ para o deleite dos presentes.