
- Este evento ha pasado.
Teatro – La escuela de los vicios
12 de marzo - 20:30

Teatro – La escuela de los vicios
12 de mar. de 2022 20:30
Morfeo Teatro
XXII Mostra de Teatro Clásico
Auditorio Municipal Gustavo Freire
90 minutos
Idade recomendada: a partir dos 14 anos.
Dirección: Francisco Negro
Elenco artístico: Mayte Bona, Francisco Negro e Felipe Santiago
SINOPSE
A proposta está baseada nas sátiras e discursos políticos do xenio do Século de ouro. Un concentrado da mellor irreverencia de Quevedo, escritos que pola súa aceda crítica ás corruptelas de ministros, maxistrados e banqueiros sen escrúpulos, levaron ao autor á cadea en varias ocasións.
A obra presenta a un extravagante diaño agardando a dous necios aos que espera cautivar coa súa «Escuela de los vicios», a única na que os alumnos cobran por aprender. As titulacións serán: bachiller na mentira, licenciado no engano, doutor no roubo e catedrático en medrar. Os dous necios, logo dunha inicial reticencia ao ver que é o demo quen imparte as clases, métense de cheo na aprendizaxe polo xeneroso acordo proposto, conseguindo excelentes resultados, e moito máis aló das súas expectativas, ao seren nomeados Ministro e Maxistrado respectivamente, aínda que o diaño ten unha última e sorprendente ensinanza…